Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 27 de xuño de 2013

ÚLTIMAS NOVASSSS

DESPEDIDA DE ALDÁN  E FOTOS DE RIAMONTE

 

Hoxe, ao saír do cole, pasei pola casa de Nieves para saúdala e ademais deixarlle a Aldán. Medrou moito nesta semana pero a súa pata xa sabedes que non ten cura. Nieves falou de que o ía pór a el soiño na caixa tal e como llo levei. Os pitos están enormes e di Nieves que comen e beben un montón. 

Xa sabedes que somos uns bos coidadores e coidadoras!

Unha apreta e que gocedes do bo tempo e tamén das fotos.


















Adeussssss!

venres, 21 de xuño de 2013

ADEUS A TERCEIRO! BENVIDO CUARTO!

Hoxe estamos de festa, pero tamén buscamos un oco para deixar aquí os nosos sentires neste momento. Cada un e cada unha expresou o que quixo e aquí vai a mostra:

Mágoa!
                 Acabou o curso!
                                             Vén o verán!
                                                                   Toca descansar!
                                                                                             Adeus, colexio!
                                                                                                                 
 Adeus aula de terceiro!

                                     Tres meses sen vernos!
                                                                   Adeus compañeiros e compañeiras!
Adeus pitos, moita sorte!
                                                   Adeus ao traballo!

Adeus á rapazada de sexto, boa sorte no insti!
                                                        Por fin chegaron as vacacións!
Abur, á chuvia, que veña o sol!
                                               Señoras e señores: chegou cuarto!!!!!!!!!!!!

Botarei de menos a Aldán, oxalá te recuperes!
                                                                      Aldán, querémoste igual!
Alegría para o verán!
                                Imos ser máis en cuarto!
                                                                     
No verán, descansar. E en setembro, volver a empezar!

Ata setembro!
                            Chegou o verán: a pasalo ben!!!!!!!!!!!!!!

Felices vacacións para todos e todas!
                                   No verán: praia, amizades novas, afectos, lembranzas...

Ciao!!!!!!!!!!!
                Abur!!!!!!!!!!
                                                      Bye!!!!!!!!
                                                                           Adeus!!!!!!!!!
                                                                                                          ¡Adios!!!!!!!!!!
    :)   :T  :I  :s  :/  :! ;)  Aula Barouta

  •  Así queda o noso horto. Que pasará no verán?????????
  • Ao mellor, alguén pode vir regar e en setembro poderemos recoller algún froito. Estariamos moi agradecidos. Xa vos contaremos como foi.
 

E agora imos á festa de despedida. A que vos gusta?
                                                                                            Bo verán!






xoves, 20 de xuño de 2013

DESPEDIMOS OS PITOS EN PEDROUZOS

PASEO A RIAMONTE PARA VER OS MUÍÑOS

Hoxe foi un día atarefado para nós porque... recollemos a aula, logo celebramnos dous aniversarios e, finalmente, metemos os pitos en caixas para levarllos a Tino e a Nieves, os seus coidadores a partir de agora.
Quedaron ben contentos con eles e prometéronnos os ovos para facer un biscoito ou unha tortilla cando volvamos en setembro...........UMMMMMMMMMMMM! Ten boa traza!

E logo, xa que estabamos alí, seguimos a excursión ata os muíños de Riamonte. Que ben! Andando por camiños, subir ao monte, pasar por unha pontella sobre o río, entrar nos muíños para sentir a escuridade e ver o que aínda conservan ... Algúns están derrubados pero hai 2 que reconstruidos.

Connosco viña Xesús, un profe do cole, e contounos unha nova que non coñeciamos. Neste bosque abunda un tipo de fento que ten xeito de coroa, é o "fento real" e  resulta que está declarado en perigo de extinción.

Molou moito a camiñada mais cando baixabamos comezou a chover... E mollámonos un pouco. BRRRRRRRRRRRR!
 Aula Barouta

A despedida dos 5 pitos, na aula.

Andaina cara a Pedrouzos. Que alegría e que mágoa!

Nieves admira a nosa familia!

Despedida definitiva. Agora seguimos paseo.

Subindo a Riamonte.

Que haberá!!!!!!!! É o oco do pau do rodicio.

Fento real, en perigo de extinción.

Mágoa de sol para darnos un baño!!!!!!

Chegamos. Ata outra!


martes, 18 de xuño de 2013

IMOS PECHANDO... 

A NOSA FAMILIA DE PITOS SEGUE MEDRANDO E AGORA TOCA DECIDIR QUE FACER CON ELES

 

Os nosos pitos xa teñen 3 semanas e medraron un montón. Mateo pesa 170 g, ten plumas castañas e algunha branca; case non lle queda plumón. Pintiñas, pesa 65 g, é unha quica; ten as plumas amarelas e negras. Está en forma! Os outros pitiños tamén van moi ben. Aldán pesa 32 g; está afastado dos outros porque ten unha pata descolocada. É o noso discapacitado, dános moita pena pero querémolo moito!

Como remata o curso, pensamos en darllos a alguén que teña experiencia con animais e que estea disposto a coidalos.

Despois de pensar, indagar... xa temos o candidato: TINO e NIEVES, veciños de Pedrouzos e coñecidos de Ana, Anxo e Teo (compañeiros da clase). Como viven preto do colexio, algún día podémolos ir visitar.

Parécenos unha boa decisión. Estamos satisfeitos e satisfeitas!

Aula Barouta


 Así é como están agora: cada quen na súa casiña. Teñen bo aspecto, a que si?



 Hoxe, como fixo bo, sacámolos á herba. Xa vedes, están felicesssssssssss!



martes, 11 de xuño de 2013

UNHA VIAXE POLA COSTA

EXCURSIÓN Á AGUIEIRA E AOS CASTROS DE BAROÑA

 

Praia de Aguieira     

Se queres máis información clica neste enlaces.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Castro_de_Baro%C3%B1a

http://gl.wikipedia.org/wiki/Galer%C3%ADa_de_imaxes_da_praia_de_Aguieira

 

O venres, 7 de xuño, fomos de excursión coa aula de 4º á ría de Noia.

Saímos do colexio en autobús ata Noia, onde fixemos a primeira parada na praia da Aguieira. Patricia, a nosa guía, propúxonos un percorrido pola beiramar para recoller unha mostra de cunchas e outros obxectos que deixa o mar na area. Atopamos cunchas de navallas, ameixas, mexilóns, ostras ... e tamén unha estrela de mar, aínda que logo perdémola cando a iamos mollar. Aproveitamos para xogar na area, facer covos, dar pinchacarneiros...  De regreso, viñemos pola parte alta da praia, preto da duna, para recoller outro tipo de cousas máis lixeiras. 

Metemos todo nunhas bolsiñas que nos repartiu Patricia e subimos para o autobús. Menos mal porque ameazaba chuvia!!

 

Ao chegar a Baroña, merendamos ao pé do autobús e logo baixamos polo camiño cara ao castro. Primeiro mirámolo de lonxe pero logo non puidemos resistir sen achegarnos ata alí para ver os restos das construcións dos nosos antepasados.

Que fermoso ver esas casas redondas, esas rochas enriba do mar, esa altura..! 

Sacamos fotos e regresamos correndo pois tiñamos que chegar a Barouta antes de que sairan os outros nenos e nenas da escola.

Chegamos xustiño! Foi unha excursión estupenda e queremos repetir!

 

Outras poucas fotos...











CUMPRIUSE O TEMPO

Onte, luns 10 de xuño, desenchufamos a incubadora definitivamente. O tempo estaba esgotado e os ovos de pato seguían igual. Retirámolos porque xa non ían nacer. Mágoa! Outra vez será! A incubadora xa está lavada e agardando para outro ano.

Agora dedicarémonos a coidar dos outros. Están enormes, sans, comen un montón e xa voan... Onte mesmo, Aldán, saíu da gaiola e tivemos que porlle un papel todo ao redor........ Nas ás teñen plumas novas (en vez do plumón) e vanlle nacendo de cores diferentes. Xa o comprobaredes nas fotos.
Ata outra!
Aula Barouta

 
Así era Alba, co plumón.

A Aldán xa lle naceron novas plumas. Segue pequeno pero lixeiro.

Mateo, coa nova plumaxe.