Páxinas

Buscar neste blog

martes, 26 de novembro de 2013

EDUCANDO EN IGUALDADE

"contra a Violencia de xénero"

contos  máis contos e reflexións!!!

 No noso cole, aproveitando que se celebraba o día contra a violencia de xénero, tivemos dúas actividades que nos gustaron moito e das que aprendemos. Aí van unhas fotos que o demostran.




 

mércores, 20 de novembro de 2013

TEMPO DE OUTONO: SAMAÍN E MAGOSTO EN BAROUTA

Ui, temos un montón de novidades que esperamos vos gusten:

- un video que fixeron uns compas da clase (querémolo subir pero fáltanos o programa para reducir o peso, mágoa!) A verdade é que o vimos na aula e encantounos, grazas Teo e Nasti!

- fotos do Samaín e do Magosto 

- un enlace pois hoxe celébrase o "Día dos dereitos do neno e da nena"

O día 30 celebramos o Samaín. Este ano o alumnado de Primaria celebrámolo no corredor do primeiro andar e o de Infantil no da planta baixa. Trouxemos un montón de  cabazas. Algunhas eran moi divertidas.

Neste mural traballamos toda a clase. Que bruxa máis xeitosa! Aínda que moito medo non mete!

Aquí estamos, celebrando o Samaín: algún conto, algunha canción e moitas bruxas e esquletos no público.
Hai que mirar con atención, non si?                
Alegría e bo humor para despedir a xornada.
E o día 8 de novembro, fixemos a festa das castañas, o MAGOSTO. De sempre, no noso cole, aproveitamos esta data para organizar xogos no pavillón. Este ano houbo: baile coa castaña, tiro de corda, carreira de sacos e outra en parella cos pés atados... Despois dun anaco xogando fomos probar as castañas. Había moitas e estaban realmente moi ricas. 
Aínda tivemos tempo para xogar polo patio e borrar toda a cara con carbón. Isto é algo moi, moi divertido e que sempre agardamos con gusto.
            Ata o ano que vén!




Aula Barouta


 

 

 

martes, 12 de novembro de 2013

SORPRESA, SORPRESAAAAAAAAAA!

Hoxe, cando estabamos na clase, veu a profe Marta e amosounos algo que atopara no patio... 



                   Que será? 
                                    Que raro! 
                                                       Nunca tal vin!
 Despois de examinar, vimos que eran dúas lesmas que se estaban apareando. Deseguida miramos en internet, claro, e aprendemos algo que nunca nos preocupara antes.
Agora sabemos que as babosas son hermafroditas e se queres saber máis de como se reproducen clica aquí.

            Foi todo un descubrimento!!!!!!!!!!!!

 Aula Barouta