Este ano, como andamos co tema do horto, pensamos en agasallar ás mamás cunha planta sementada por nós. Primeiro mercamos unhas macetas de cartón que decoramos na clase.
Logo, puxémoslle o celofán arredor cunha cinta a xeito de lazo. Ao mesmo tempo fomos preparando a tarxeta.
Finalmente, colocamos a planta e cada quen levouna para a súa casa. Quedaron moi lindas. Ian todos orgullosos con elas.
Xenial a idea! Que agasallo tan fermoso! Que contentas habían quedar as nais, elas merecen sempre o mellor!
ResponderEliminarGustoume a idea moito espero que o repitamos
ResponderEliminarDE ELENA