Páxinas

Buscar neste blog

domingo, 29 de xuño de 2014

O CURSO REMATOU

Xa rematou cuarto e estamos ecantados e encantadas con irnos de vacacións. Antes de despedirnos fixemos algo de valoración do feito este curso. Escribimos uns textos e pensamos en publicalos. Non houbo tempo de refacelos pero é unha mostra para dicir adeus a este ano.
Aí van uns cantos. Todos están asinados.

 bo verán!!!
Recordando Cuarto                               2013-2014

Na clase
Este ano viñeron dúas  nenas novas, María e Nastasia, con elas somos 25 nenos e nenas contando con Tere, a profe. Pouco a pouco fóronse acostumando a nós e aprendendo os seus nomes e costumes.
Excursións
Fixemos excursións didácticas e de lecer como cando fomos á exposición de “Auga doce”, en Santiago; á Domus e á Casa das Ciencias, na Coruña; a Alvarella, nas Fragas do Eume... Encántame ir de excursión coa clase!! :)
Festas
Como todos os anos celebramos o Samaín, o Nadal, o Día das Árbores e Poesía, Día das Letras Galegas... No Samaín fun de demo. No Entroido disfraceime de labrega. No Día das Letras Galegas homenaxeamos a Díaz Castro.
O horto
O profesorado, partindo dunha idea da ANPA, convidounos a poñer un horto no colexio e a nós pareceunos ben. Situámolo ao pé do campo de fútbol descuberto e fixemos un montón de actividades:
Veu Tino co seu tractor a arar a terra.
Examinamos a terra con Patricia, unha bióloga, e puxémosnos contentos porque tiñamos moi boa terra
Aproveitando que era outono, collemos as follas e botámolas para abonar.
Pouco a pouco, plantamos amorodos, chícharos, patacas, cebolas, ceboliñas, esponxas vexetais...E, para acompañalas, cinco froiteiras, plantas aromáticas e framboesas.
Agora algúns froitos xa están maduros e probámolos. Os nenos e nenas de 1º cociñaron un prato con xamón, chícharos e tirabeques. Mmmm! Estaba riquísimo.
Este proxecto gustoume porque colaboramos e aprendemos cousas novas. Encantoume 4º!!! J E... Feliz Verán!
Carla Redondo Porto



O CURSO DE 4º E.P
Eu vou contar o que fixemos ao longo deste curso.

Ao empezar as clases, viñeron novas compañeiras, María e Nastasia, e presentámonos todos.

Ao longo do curso tivemos unha idea de facer un horto ecolóxico. Estivemos buscando o lugar axeitado, onde haxa sombra e faga sol. Decidimos poñelo ao suroeste do cole, foi unha boa decisión. Tivemos moitas ideas e plantamos moito. Todo está escrito nun caderno.

Logo chegaron os exames do primeiro trimestre, mentres o horto crecía.Tivemos tamén excursións ben merecidas e que me gustaron moito.

Antes de marchar de vacacións, fixemos unhas probas coa terra do horto, os animais que habitaban nela... para saber se valí ou non. Todo isto fixémolo coa axuda de Patricia, unha amiga bióloga. Segundo puidemos comprobar a terra non era demasiado mala para plantar. Púxenme moi contento. Entre todos buscamos onde situar cada planta.

En febreiro, no Entroido, disfrazámonos de cousas que tivesen que ver co horto: granxeiros, abellas, árbores, froitos, toupas... Foi moi divertido!

Coa chegada da primavera, empezamos a plantar na nosa horta. Comezamos con brócoli, uns pés de tomate e unhas árbores. Agora creceu moito e temos herbas aromáticas, cabazas, cabaciño e ata esponxas vexetais.

Ao longo do terceiro trimestre, houbo algo que nos empezou a dar  medo, a avaliación diagnóstica. É unha proba que se lle fai a cada grupo español de 4º E.P. para ver o nivel de competencia. Entrou mate, medio, lingua e lengua. Menos mal que xa pasou!

Estes últimos días de clase estamos estreando unha mangueira cunha pistola para regar o horto. Dentro de nada acabará cuarto.

Feliz verán! Gustoume moito este curso!
                                                               Teo Martínez De Lorenzo


Empezar e rematar 4º
Neste curso viñeron dúas persoas novas, Anastasia e María, e agora somos 25 coa profesora. Pouco a pouco, fóronse acostumando.
A nosa profesora contounos que iamos facer un horto. Foi fantástico!
Puxémolo cerca do campo de fútbol pero afastado das pelotas, claro. Primeiro pasamos o tractor e logo abonamos con restos do composteiro e follas do patio. Pasado o inverno, fixemos os regos e sementamos, e agora recollemos algún froito.
Ao final quedounos unha horta chulísima e no blogue facemos textos falando dela e poñemos as nosa fotos.
Hai uns días, o alumnado de 1º, convidounos a  probar unha comida que fixeran eles con froitos que recolleran no horto. Nós probamos encantados. O prato estaba exquisito!!!
Agora vou falar da clase:
Na clase levámonos todos ben e ultimamente, un grupiño de nenos e nenas da clase empezaron a xogar ao fútbol xuntos e foron arrastrando aos demais. É moi gozoso. Cando fai sol, imos mollar a cabeza na billa do horto. Está guai!
A miña valoración:
Eu creo que estamos todos moi unidos, ata a profesora, e creo que deberiamos estar todos xuntos en 5º e 6º.
E estou triste porque chega  o verán e vouvos botar de menos.
David Gayo Rodríguez



Adeus 4º curso, ata o ano que vén!


Este curso estiven ben na clase, cos compañeiros e coa profe. Xoguei cos meus amigos ao pilla pilla e ás agochadas. Aprendemos que hai que facer para estar ben, como facer novas amizades … Este ano viñeron 2 compañeiras novas que viñan doutro colexio e xa somos 24.
Ao longo do curso fixemos un horto na escola. Primeiro aramos co tractor e nós aproveitamos para pisar cos pés porque a terra estaba brandiña. Logo, recollemos follas no patio e botámosllas para abonar.
Nel plantamos chícharos, cenorias, leituga, aromáticas, brócoli, tomates, cebola, un laranxeiro e outras froiteiras … Os da nosa aula imos moitas veces alí para regar, plantar e coidar das plantas.
Gustoume!
Fátima Cebey Naveiro

4º remata pero con moi bos recordos

Para min este curso foi un dos mellores por varias razóns, entre elas porque estiven bastantes días no horto que se fixo no cole grazas a unha idea do profesorado.
Primeiro veu Lino e fresou a terra e logo nós preparamos o terreo para poder plantar. Cada curso puxo algo e, entre todos, fixemos un horto moi variado con: chícharos, amorodos, leitugas, millo, patacas, allo porro, cenorias, brócoli, esponxas vexetais …
Ademais, este ano, fixen novas amizades, María e Nastasia, dúas nenas novas, e tamén mellorei a amizade cos meus compañeiros de antes, cuns máis que con outros, claro, pero lévome ben con todos.
Neste curso tamén madurei porque me centrei máis nos estudos. Tiven e teño moi boa relación coa miña profesora, Tere, porque me sinto escoitada cando falo. Gustoume moito a excursión que nos fixo ao remate do ciclo; levounos unha fin de semana a Alvarella (en Pontedeume) e paseino moi ben.
Por outro lado, nos recreos xogo ao fútbol (antes non o facía). É moi divertido e paréceme un deporte que tamén podemos practicar as nenas.
Hoxe, 14 de xuño, celebrei o meu aniversario no colexio e gustoume moito. As caricias que me deron, na aula, foron moi bonitas todas pero a que máis me chegou ao corazón foi a do meu mellor amigo, Anxo.
Este mércores voume operar e levarei aos meus compañeiros no corazón; mesmo cando estea no quirófano pensarei na miña familia e neles.
Este curso foi o mellor porque me relacionei máis cos meus compañeiros e compañeiras, porque traballei no horto e porque me sentín moi ben na clase.
Ana Beiroa Ons

O QUE MÁIS DESTACO DESTE CURSO

Neste curso de cuarto houbo unha innovación con respecto os outros anos. O profesorado e o alumnado en conxunto, fixemos un horto nunha zona do patio. O primeiro foi fresar o terreo e logo nós abonámolo coas follas das árbores do patio. Ademais houbo que analizar a terra para saber da súa fertilidade.
Logo, no medio do inverno, fixemos os sementeiros de brócoli, leituga, … e plantas de xardín como os caraveis indios, que aproveitamos para lles regalar ás nosas nais polo seu Día.
Tamén plantamos directamente no horto: amorodos, ceboliñas, patacas, azafrán, millo, chícharos, cenorias, etc.
Agora xa estamos recollendo algúns froitos coma os amorodos e os tirabeques. Son poucos pero están ricos.
Tivemos varias saídas ao longo do ano, entre elas: visitar unha explotación gandeira de Feiraco; ir ao Museo do Home e Casa das Ciencias, na Coruña; ver algunha obra de teatro; ir á Cidade da Cultura; pasar unha fin de semana en Alvarella…
A min o do horto gustoume moito e paréceme unha experiencia moi positiva. Grazas Tere, pola túa axuda en todos os sentidos.
Anxo Blanco Pazos


ESTE ANO EN BAROUTA


Este curso, ao retorno das vacacións de verán, alegreime de ver a todos os compañeiros e compañeiras do ano pasado e tamén a dúas nenas novas, Nasti e María.

O curso foi andando e aló por marzo, tivemos una excursión a Coruña. Pola mañá visitamos a Domus, onde aprendemos moitas cousas do noso corpo. Pola tarde, fomos á Casa das Ciencias e ao planetario. Xantamos e xogamos nun parque que hai ao pé deste museo.

Dentro da Casa das Ciencias, había moitos xogos para probar; todos moi curiosos coma  un bambán no que soamente se balanceaba  un só.



Tamén participamos no coidado do horto do cole.  Este horto ten como varios apartados: no 1º espazo, plantamos amorodos, ceboliño, cenorias …  no 2º, puxemos brócoli, aromáticas, ceboliño e algunhas flores. No 3º, millo, fabas, xudías … e no 4º, patacas, coles e chícharos. No lateral dos amorodos puxemos unhas flores e plantas das framboesas.                                                                                                                                         

Completamos o espazo cunha moreira e unhas árbores froiteiras. No medio do horto, entre os chícharos e as flores, hai un espantallo que fixemos no Entroido. É que este ano o tema foi dos disfraces foi sobre o horto.



Xa en xuño, o venres día 6, tivemos una excursión a Santiago, para ver a exposición “Auga Doce” na Cidade da Cultura. E, ao dia seguinte, tivemos a derradeira excursión do ano: pasar unha fin de semana en Alvarella, un albergue de ecoturismo. Fomos todos agás Dani e Fati. Pasámolo moi ben e aprendemos moito. Visitamos e pateamos as Fragas do Eume, un lugar moi fermoso.  Foi unha experiencia inesquecible.

                                                                      Andrea Suárez Vázquez







ADEUS 4º DE PRIMARIA, OLA 5º!!

Neste curso, tivemos na clase dúas compañeiras novas chamadas Nastasia e María. Son unhas nenas listas, amables e simpáticas. Pero agora vou contar sobre unha actividade que houbo ao longo de todo o ano e na que participei moito.
                                                  
O HORTO

No primeiro trimestre, a profe díxonos que iamos facer un horto no colexio.
Veu Lino co seu tractor para arar a terra.
Na aula, coa axuda da bióloga Patricia, fixemos un experimento para coñecer como era a terra que había e saber onde podiamos situar o noso horto, protexido do vento e que lle dera sol.
No segundo trimestre, comezamos a facer a distribución do espazo. Fixemos uns regos para ver onde poñiamos cada planta.
No terceiro trimestre, comezou a plantación propiamente dita: amorodos (que xa os puxeramos en febreiro), cebola, árbores froiteiras, leituga, chícharos, brócoli … este venres pasado, os nenos e nenas de 1º, cociñaron os chícharos e tirabeques que recolleran e estaban riquísimos. Mmmm!
Toda esta semana andamos moi pendentes do horto, regar, quitar malas herbas, porque xa nos imos de vacacións.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡GUSTOUME ESTE CURSO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
                                                                       
  JESSICA  


UN ANO QUE PASOU
Nos, todo o colexio de Barouta,  fixemos un horto neste curso 2013-2014. Nel  plantamos amorodos, leituga, brócoli ... e aínda estamos plantando máis.
 Ás  veces, algúns nenos no recreo, axudamos a Tere no horto. Eu o que acostumo a facer é regar as plantas. Xa recollemos algúns froitos e cociñámolos. Probamos unha minestra cos chícharos e tirabeques que estaba deliciosa! e pensamos facer máis. Encántame ir ao horto de vez en cando.
A nosa profe  ten unhas amigas que nos axudan coas cousas do horto. Unha delas, deunos unhas cantas plantas e sementes para que as puxeramos no noso horto; coma por exemplo unhas esponxas vexetais que nos deu Luísa.
Valoración: Paseino xenial todos estes anos cos meus compañeiros e coa profe, Tere. GUSTARÍAME SEGUIR CON ELA ATA SEXTO, POLO MENOS, E COS MESMOS COMPAÑEIROS AÍNDA MÁIS... TERE É A MELLOR PROFE;).
Uxía Penas Atanes
 


O curso de 4º

Este curso estiven moi ben cos meus compañeiros e compañeiras.
O primeiro trimestre gustoume moito porque estiven traballando en moitas cousas pero tamén moi nerviosa coa idea do horto.
No segundo trimestre, estivemos traballando máis no horto. Foi cando fixemos os regos, a distribución das plantas, puxemos os amorodos ...
No terceiro trimestre xa fixemos a plantación e puidemos ver como ían nacendo e medrando os chícharos, os amorodos … algúns probámolos.
Tamén seguimo poñendo moitas cousas no blogue. Estiven moi contenta coa profe.
Estou moi contenta con este curso!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Alina De Santiago Vega
    

CURSO  NOVO NO COLEXIO DE

BAROUTA

En setembro de 2013 , no colexio de Barouta , como todos os anos comezaron as clases.

Este ano, na nosa  clase de 4º, viñeron dúas nenas novas, María e Nastasia. Elas compórtanse moi ben e todos somos amigos.

Este curso foi distinto aos outros porque comezamos unha actividade de formar un horto na parte dianteira do cole, nunha zona do patio.

O horto ten grande extensión . Os primeiros días veu Patricia, unha bióloga, que analizou a

calidade da terra. Unha vez comprobado que podiamos levalo a cabo, o colexio chamou a un home para que, co seu tractor,  removese a terra e así puideramos empezar a plantar.

Foi pasando o tempo e, pouco a pouco, foron chegando as ferramentas para traballar e tamén  as sementes coas que facer os sementeiros para logo plantar.

Cando xa tíñamos distribuídos os regos plantamos: herbas aromáticas, árbores e arbustos que dan froitos, plantas para a decoración …

Fai pouco, unha persoa que ten un blogue sobre a horta ecolóxica, aconsellounos poñer unhas esponxas vexetais, unha planta que é moi curiosa, e que temos nunha zona soleada do horto. Cada día vamos ao noso horto con moita ilusión por ver todas esas plantas tan fermosas.

  

-          Este proxecto non sería posible sen a colaboración de María Luísa Vázquez Souto (que nos axudou moito coas súas ideas).

-          Agora xa se ven claramente: cenorias, cebolas, chícharos, amorodos, leitugas, millo,

fabas, caraveis indios, margaridas, esponxas …                                                                                           

 Rebeca Rivas Gómez
4º E.P.  CEIP Barouta