Páxinas

Buscar neste blog

martes, 2 de setembro de 2014

Á FIN CHEGOU SETEMBRO!

UNHA OLLADA AO HORTO 
DESPOIS DO VERÁN

O verán deixou a súa pegada no noso horto

Comezou setembro e chegou a hora de incorporarse ao cole. Hoxe visitei o horto e dá un pouco de pena velo así que vide con forza pois precisa dunha boa reparación. Con tanta chuvia, as herbas medraron un montón! Con todo quedaron as flores, que aínda locen fermosas, os amorodos, as fabas, as cenorias... e tamén as esponxas que xa botaron algunha flor e xa hai tamén algún froito, aínda pequeno, iso si. A ver se conseguimos algunha este ano!!!
Aí vos deixo unha mostra dos froitos que temos aínda.
Os amorodos están riquísimos. (A que si, Oli?)
Estas son as flores das esponxas. Se vos fixades ben, veredes o froito en proceso de crecemento.
Cenorias e cebolas.
Os xirasoles van estupendos.