INICIANDO SEXTO DE PRIMARIA. VAIA EMOCIÓN!!!
Canto tempo sen vernos. Seguimos sendo o mesmo grupo. Levamos case un mes no colexio e aínda non contamos nada aquí. Estámolo pasando moi ben e xa comezamos a traballar cos libros, que este ano son diferentes, sobre todo, porque agora hai Naturais e Sociais onde antes só era Medio.
Xa iamos collendo a rutina pero, hai uns días, tivemos un percance que pronto coñeceredes porque a todos nos impactou.
Esperamos que nos leades, fagades os vosos comentarios positivos e que gocedes co que vaiamos comentando, porque este é o derradeiro ano no colexio de Barouta.
Aquí van algúns dos textos individuais que fixemos. E, ao remate, veredes as imaxes do acontecido!
OLA
DE NOVO!!!
Aquí estamos de novo e coas forzas
renovadas! Non nos vemos dende 5º, pero iso é auga pasada... Estamos en 6º! Os
maiores do cole!
Que tal no verán? Nós, polo que
oímos na clase, xenial! Moita festa, moita praia, moito Tapia, moito
campamento... Xenial!
Xa temos o material que
precisamos. É a nosa primeira semana, pero estámoslle dando xa ao boli, ao
lapis... Pero sobre todo á goma!
Este ano, pola nova lei, temos de
novo Naturais e Sociais, e os nosos pais e nais acórdanse de cando eran nenos.
Os outros libros son practicamente os mesmos. Falando de libros, unha nova destes
días: grazas á cicloxénese explosiva, creáronse unhas piscinas no faiado do
centro e por unha greta caían pingas na nosa aula. O resultado, todos os libros
encharcados! Algúns poderanse usar, pero outros non se van poder recuperar. Terannos
que abonar uns poucos. Polo de agora, teranse que quedar todos un anaco
charlando co deshumidificador...
A ver, rapaces, que alegría
vervos! Esperemos que vos gusten as historias deste curso, pero recordade...
SOMOS A AULA DE SEXTO!!!!!!!!!!!!!!!!
Teo Martínez
Benvido 6º
Chegamos
a 6º despois das vacacións.Chegamos con máis forzas e enerxía para comezar un
novo curso. Este ano somos os maiores do colexio e por iso temos que estudar
máis.
Aínda
estamos incorporándonos na aula. Polo de agora, non fomos todos xuntos a ver
como está o horto pero xa vos contaremos.
Un
destes días de temporal, ao chegar á clase, encontrámonos todos os libros
mollados, empapados de auga por unha humidade producida polo temporal. Levamos
un susto moi grande. Deixámolos a secar e a ver agora como quedarán.
Xa
vos contaremos!!!!
Rubén
XA
EMPEZAMOS SEXTO
Xa volvemos a empezar o curso; pero xa somos de 6º.
O primeiro día recibímonos todos cunha grande aperta e bicos, que
duraron moito tempo.
Fixemos unha roda na que falamos do noso verán ata que tocou a
sirena para o recreo. No recreo fun ao horto. Xa hai tomates, están ricos, hai
moitas plantas que creceron.
Todos os días ían ben, ata que o pasado 16 de setembro de 2015
sucedeu algo tráxico na nosa aula. O que pasou foi que tiñamos pingueiras na
clase. De tanto que choveu entrou auga e empapou os libros; ata había algúns cos
que podías encher un vaso de auga!
Decidimos collelos e separalos para que secaran.
Cando chegou a titora, e viu todo o desastre, axudámoslle a
poñelos abertos no corredor, porque na clase non cabían; como había máis,
decidimos poñelos na biblioteca co deshumidificador.
O inicio do cole foi xenial. Sobre a catástrofe, vaia mañá máis
axitada que tivemos! Espero que non volva a pasar.
Carla Cantelar Ces
INICIO
DE CURSO
Tras as vacacións empezou o colexio, xa estamos en 6º, somos os
maiores.
O primeiro día reunímonos na clase porque tiñamos moitas ganas de
vernos uns aos outros para falar do noso verán. Eu alegreime moito de ver os
meus compañeiros.
Empezamos as clases e cando tiñamos os libros mercados, houbo un
temporal de auga e moito vento. Por un burato que había no teito da clase
entrou moita auga e empapáronse os nosos libros.
Teño ganas de volver a cultivar no noso horto, a verdade é que me
gusta moito facer esa tarefa.
No blogue seguiremos colgando cousas xa que falta pouco para
Samaín, Nadal...
Para o ano xa sabedes que non estaremos, pero visitaremos o
blogue, e a profe Tere seguirá colgando cousas.
Quérovos moito a todo.
Adrián
O día 10 de setembro empezamos as
clases. É o noso último curso en Barouta, 6º de Primaria. Este ano somos
os mesmos alumnos ca o ano pasado, 25 entre nenos e nenas. Seguimos estando na
mesma aula e coa mesma profesora, Tere.
Pero o 16 de setembro, cando chegamos á aula comprobamos que os
nosos libros, recen mercados, estaban todos mollados. A 1º hora tiñamos
ximnasia e a profesora díxonos que os puxeramos separados enriba das mesas.
Despois chegou Tere, e levámolos todos para a biblioteca para que secasen co deshumificador.
Este empece de curso foi agradable e triste ao mesmo tempo.
Anxo
Ola a todos xa estamos en sexto, un curso moi importante en Primaria.
Estamos
no sétimo día de colexio e estámolo pasando moi ben. No horto creceron moitos
tomates e as flores están preciosas. Que guai!
Cambiando de tema, o mércores houbo unha catástrofe na aula; ao
entrar pola porta, vimos que todos os libros estaban empapados; parecían
esponxas. Puxémolos a secar na biblioteca ao lado do desumificador. Fixemos o
que puidemos. A profe díxonos que era todo grazas a que no faiado había una <<piscina>>.
Igualmente nolo pasamos ben!
XA VOS IREMOS CONTANDO!
Nasti
INICIO DE CURSO EN BAROUTA
No cole de
Barouta o día 10 de setembro
iniciaron as clases. Ao baixar do autobús e chegar á entrada onde estaban todos
os
meus compañeiros, alegreime
moito.
O primeiro
que fixen foi saúdalos e darlles
unha aperta. Nese momento estaba moi contenta porque me din conta que se podía
dicir “Paso, paso que somos os de sexto”!!! Así que o último ano en Barouta!
Vaia, cando tocou a sirena para poñernos na fila e organizarse, case non se
respiraba; o que se chama un momento caótico. Daquela, aínda tardamos en subir porque había tráfico nas escaleiras.
Gran parte da mañá estivemos colocando os libros novos, falando do verán e das
dificultades de sexto.
Antes da hora do recreo, xuntámonos en roda a
falar e despois xogamos en equipo ao fútbol. Cando volvemos, estabamos máis espertos
e espelidos.
Foi un
reencontro moi bonito. Así foi o primeiro día de curso!
Grazas por visitar o noso blogue .
Rebeca 6º
INICIO DO NOVO CURSO
Ola outra vez blogueiros e blogueiras de Aula Barouta!! Que tal as
vosas vacacións?
Como xa sabedes, agora estamos en sexto, dentro dun ano para o instituto. Que MÁGOA!! Empezamos o
colexio con moita ilusión agardando facer novas amizades, aprender novas
cousas..
Hoxe levei un grande susto; agora mesmo volo conto. Pois cando
cheguei á clase encontrei o chan mollado; mirei cara aos libros e vaia desgusto!
Estaban mollados e a auga seguía a caer do teito. Como sabedes, estes días
estamos con moita chuvia e vento. Todos pensamos en sacalos de alí rapidamente
para que non se mollasen máis e puxémolos nunha mesa grande ao lado da ventá.
Ao volver de E.F., todos axudamos a colocalos na biblioteca por diferentes
sitios, ata enriba dos ordenadores e outros colgados no corredor.
Agardamos que se sequen para poder gozar e aprender deles.
Ata outra!!
Ana 6º
INICIO DE CURSO EN BAROUTA
Xa estamos en
6º!! Pero co novo curso novos problemas. O mércores 16, cando chegamos á clase,
os libros estaban mollados! Pobres libros non nos dou tempo nin de estrealos. Ao parecer, hai goteiras e o faiado está
inundado e, como non, a auga cae xusto na nosa clase. Problemas á parte, xa
temos todo organizado.
Esperamos un
bo curso!!!
ANDREA
Xa estamos de volta
Ola
a todos/as outra vez. Aquí estamos os de 6º, os máis maiores do colexio listos
e preparados para comezar o último ano con forza.
Os
catro primeiros días fixemos o normal: falamos do verán, trouxemos o material,
botamos unha ollada aos libros. Todo normal menos o quinto día... Pola noite do
mércores 16 houbo moita choiva e vento. Na nosa aula hai unha greta que chega
ata o faiado, e cando chove moito, fórmase un embalse arriba. O caso é que caenos
auga encima dos libros de texto! E ese
día pola mañá, ao chegar, decatámonos de que os libros estaban mollados;
collémolos e levámolos a outra mesa para que secasen. Tivemos que ir ao
pavillón para facer educación física e cando rematou, Tere, xa estaba na clase
para axudarnos a levar os libros á biblioteca para que secasen co
deshumidificador.
David
INICIO DO CURSO
O día 10 de setembro os rapaces e rapazas de 6º volvemos ás
clases.Xa estamos en 6º! Somos os maiores do cole.
Este ano afrontaremos cousas novas e teremos novas ideas que iremos
contando a través do noso blogue. E deixando atrás ese tema, ao grupo de 6º
aconteceunos unha gran catástrofe que vos contarei.
O día 16 de setembro pola mañá, atopámonos cos libros mollados, algúns
dos afectados puxéronse a secar un pouco os libros e os outros nenos marchamos
para a clase de ximnasia. Máis tarde, chegou a súa titora, Tere, que quedou moi
impactada. Logo, entre todos, decidimos pór os libros a secar na biblioteca,
ben estendidos á beira do desumidificador. Ao final do día os libros aínda
estaban húmidos.
Xa vos iremos contando todo mediante o blogue.
DANI
INICIO DE
CURSO
Este ano estamos en 6º de primaria, o que quere dicir que somos os
maiores do colexio. Todo segue igual, non viñeron nin marcharon nenos. Nós, en
todo o verán, pasámolo xenial indo dun sitio a outro e algúns rapaces da aula
medraron un pouco.
Nestes días, tivemos uns cantos problemas cos nosos libros por
culpa da auga que caia do teito pero esperemos que se sequen e poder traballar
neles.
Isto é todo por hoxe. Seguide mirando o noso blogue.
Ata outro día !
Carla Álvarez
17
de setembro de 2015
INICIO DE CURSO
Este inicio de curso é diferente porque empezo 6º.
É o último ano de colexio e iso prodúceme tristeza. Vou botar de
menos as aulas máis ao profesorado, en especial a Tere.
O noso horto segue estando no mesmo sitio, de momento. O blogue da
clase volvémolo abrir e vai estar activo. Na nosa clase, en particular, non hai
ningún neno ou nena novo.
Estes días na aula tivemos algún problema de humidade que nos puxo
algo nerviosos cando o descubrimos. Pero estase a solucionar. Agora estamos
lendo cada un dous libros da biblioteca, un en galego e outro en castelán. Un
xa o acabei. Estou a ler un moi interesante. Creo que este ano vou subir máis
as notas porque me vou aplicar máis.
Jessica
Inicio de curso
Xa. E algúns tristes porque nos
vamos. Pero polo de agora todo vai ben. Este ano estamos empezamos o curso!
Agora estamos en sexto e somos os maiores do cole. Estamos moi contentos mais
altos e un pouco cambiados e ademais mais alegres que nunca. Mais onte, día
16 de setembro, pasounos unha catástrofe.
TODOS OS LIBROS ESTABAN MOLLADOS!!!!!!!!! Estabamos como loucos e separando os
libros para que non se mollasen máis. Cando veu a profe quedou sorprendida polo
que pasara e foillo comunicar á dirección. Logo estivemos reflexionando sobre o
que pasara falando de como nos sentiamos cando aconteceu todo iso.
Seguiremos informando.
Gaila
Clase
de sexto
BENVIDO 6º !!
Este verán paseino moi ben porque co meu pai fun a Barcelona. fomos visitar o
Camp Nou, o aquarium... E coa miña nai estivemos en Poio uns cantos días e
tamén en Barcelona (estivemos dous días a Port Aventura e o terceiro día fomos
ao parque acuático onde había tobogáns, piscinas...). Tamén fun con Jorge e o seu
pai ás Illas Cíes de acampada pero como collemos uns días moi malos con forte
temporal só quedamos dous días e cando volvemos quedei a durmir na casa de
Jorge.
Eu, por un lado
non tiña ganas de empezar a escola e por outro tiña ganas de ir para ver aos
compañeiros, á profesora e a curiosidade de ver se viña algún compañeiro novo.
Este curso témonos que pór as pilas. Así para o ano xa estaremos no instituto. Estou
un pouco triste porque é o noso último ano na escola de Barouta.
Saúdos!
Uxía
VOLTA AO BLOGUE
Hoxe, día 16 de setembro, xa
estamos no cole pero en 6º de primaria, os maiores do cole. Ao volver a clase e
ver aos compañeiros e á titora púxenme moi contenta.
Nestes días pasounos unha
cousa mala: os libros novos deste curso están empapados por culpa da chuvia. Puxémolos
a secar na biblioteca co deshumidificador para que quite toda a auga. Xa veremos
como quedan.
Voltar ao cole foi moi
divertido e tamén escribir no blogue. Con el estaremos comunicados.
Alina
Despois do verán vén o curso e, coma
sempre, hai algo de tristeza por deixar aos amigos que fixeches, a praia ou a
piscina, de levantarse á unha da tarde... E moita alegría por ver aos amigos do
curso, estrear os libros novos, ver se hai alguén novo, que cambiou... Pero
non, nin aumentamos nin diminuímos. O mesmo profesorado, a mesma clase, só cambiou
unha cousa: "sOmOs De SEXTO", polo tanto é o noso derradeiro ano,
cousa que me pon bastante triste porque do cole ao insti hai un cambio máis
grande que deshumificador e puxémolos por toda a biblioteca esperando que secara
e absorbese a auga. En un ovo de avestruz. :)
O primeiro día (xoves 10) foi bastante
ben. Chegamos e houbo unha explosión de saúdos, abrazos e bicos<3. Máis
tarde, na aula, organizamos e botamos unha ollada aos libros e fixemos unha
roda falando sobre o noso verán, ata o recreo. Fomos á biblio a elixir os
libros de ler e logo Inglés. Primeiro día perfecto!
Pero hoxe (mércores 16) foi un día
terrible, horrible e espantoso. Chegamos á clase e había un grupo escandalizado
de nenos/as ao redor das mochilas. Encima estaban tooodos os libros empapados.
Se mirabas cara arriba, vías unha greta de dilatación con gotas a punto de
caer. Claro, esa noite foi de temporal! O meu instinto foi de secar todo o
antes posible. A profe Mar chamounos para ir a E.F pero tres nenas da clase e
eu quedamos a recoller, a secar e a organizar: abrímolos e pasámoslle un trapo
por fóra e logo fomos a ximnasia. Cando chegou Tere puxémolos fóra no recuncho
de "crea e recréate" logo enchufamos o fin, a ver se os
recuperamos...
En resume, empezamos 6º con ganas e un
pouco desastroso!
Carla Redondo Porto <3
O COMEZO DO COLE!
O xoves 10 de setembro comezou a
escola e tod@s estabamos emocionados por estrear os libros, falar do noso
verán, coñecer aos compañeir@s nov@s... Pero este ano a nosa clase non variou: non
aumentou nin diminuíu. O que si cambiou foi que agora estamos en SEXTO, que
seguimos coa profe Tere e na mesma clase!
No
resto do tempo dese día quedamos falando do noso verán: que pasou de bo que de
malo, que novidades hai...
A
continuación a profe leunos un conto de "Pep Bruno" que estivo super
ben.
Ao
día seguinte xa tiñamos feito o horario e puxémonos a traballar, ler os textos
que fixeramos de deberes...
O
luns e o martes tivemos traballo para explotar e tarefas para a casa igual.
Pero
o mércores cando chegamos... Os libros estaban que daban medo porque se
mollaran. Despois de ximnasia, a profe, axudounos a levar os libros para cerca
do deshumidificador e os que estaban menos mollados no corredor.
En
fin, que estamos super tensos pola intriga que nos causou. Supoño que secarán.
XA
NOS FALAREMOS!!!
Elena
Senra
|
polos corredores, |
|
pola biblioteca |
|
ata nos ordenadores!!! |