Páxinas

Buscar neste blog

martes, 24 de febreiro de 2015

DIA DE ROSALÍA

RECITANDO A ROSALÍA NO 178 ANIVERSARIO

NÓS TAMÉN SOMOS ROSALÍA!


Hoxe foi un día especial para nós e estamos moi emocionados e nerviosos. Estes días ocorreron un montón de cousas, e todas boas (ou case).
Acabamos de pasar o Entroido, fixemos a gravación da nosa canción e, hoxe, recitamos a Rosalía. 
Pola mañá, na Biblioteca do cole fixemos o noso recital e, pola tarde, un grupiño de 6 persoas tiveron a responsabilidade de representarnos no acto que organizou o Concello de Ames na Casa da Cultura do Milladoiro, co gallo do "Dia de Rosalía".
                        Canta actividade! 
                                                  Cantos nervios!
                                                                       Canta ilusión!

Houbo moito que ensaiar e en pouco tempo; mais todos colaboramos e aprendemos xuntos, que iso é do que se trata, ou non?. Practicamos dous poemas: "Para a Habana" e "Mais o que ben quixo un día". Ao principio resultaba difícil pero logo xa lle fomos collendo o xeito. 
No Milladoiro había moito público, viñeron as familias e tamén varios compañeiros e compañeiras que nos arrouparon con moita ilusión. Recitou moita xente e, ao remate, cantou Amancio Prada. Estivo xenial podelo ver tan de preto e escoitar as súas cousas. 
Foi unha xornada estupenda. Mágoa que non puidera estar toda a clase pero imos pór a gravación e así gozamos xuntos.

                                             Recital na Biblioteca do Colexio.
 


                                              Recital na Casa da Cultura do Milladoiro.

Aula Barouta

luns, 16 de febreiro de 2015

CELEBRANDO O ENTROIDO


                                                   25 ANOS ENSINANDO E APRENDENDO
                                                                                                                                   CEIP BAROUTA

Este ano de celebracións, o Entroido, tivo un toque especial. Fixemos un percorrido musical polos últimos 25 anos que resultou fenomenal. Viñeron as familias e gozamos todos da festa.
Aí vai unha mostra fotográfica.


















Aula Barouta

mércores, 4 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ

O venres, día 30 de xaneiro, celebramos no noso cole o Día da Paz. Cada ano aprendemos algunha canción nova. Este ano gustounos moito unha de Ana Torroja, "Sonrisa". Pero tamén gozamos con Toc Toc, de Pablo Díaz; a Rumba das apertas, de Magín Blanco; o Mundo é grande, de Belén Junquera. Pero sempre rematamos coa canción "No dudaría", de Antonio Flores.
Este ano, descubrimos moitas cousas desta efemérede. Resultou interesante. Logo, o propio día, estampamos as nosas mans nun friso que percorría todo o cole. Que bonito!







Aula Barouta