Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 30 de abril de 2015

FALANDO DE LIBROS E POESÍA

Conversando con Rivadulla Corcón
Segundo nos dixo, a Corcón encántalle a poesía e por iso nos seus libros sempre aparece algún poema. Tamén nos contou que lle gusta moito falar da súa terra, a comarca da Costa da Morte, e do mar, sempre presente nos seus relatos.
Enterámonos de que "corcón" é a cría do muxo. Cando era pequeno, alguén lle dixo que era un corcón porque era miúdo. E de grande úsao coma apelido. Fermosa historia!
Foi unha conversa arredor dos seus libros e das preguntas que lle iamos formulando. Ao remate, asinounos todos os libros. 
                                Un verdadeiro pracer!
                                                                      Ata outra!

Aula Barouta

sábado, 25 de abril de 2015

ENCONTROS CON...

ESTE ANO VISÍTANOS O ESCRITOR X. H. RIVADULLA  CORCÓN

O alumnado de 5º e 6º estivemos a ler a Rivadulla Corcón. Na Biblioteca do Centro temos varios libros seus, mais este curso centrámonos en dous: "Soños de mar" e "Os piratas da Illa de Esperanza"
Encantáronnos as dúas historias e estamos desexando escoitalo. Este luns, día 27 de abril, virá ao noso colexio. Agardamos este encontro con impaciencia.

Resultado de imaxes para rivadulla corcón


Resultado de imaxes para rivadulla corcón

 Resultado de imaxes para rivadulla corcón


venres, 17 de abril de 2015

APRENDENDO DO NOSO MAR

UNHA EXPOSICIÓN ITINERANTE SOBRE AS ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS

Consta de 23 paneis a toda cor e un audiovisual. Todo está colocado no primeiro andar do colexio, entre a Biblioteca e o corredor central. Estará aberta do 17 ao 28 de abril.
Esta exposición é un empréstito do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)
                 Que é unha Area Mariña Protexida?
                                                          Que beneficios aporta?
                                                                                     Reservas mariñas mundiais ...
                                     Todas estas cuestións e outras poderás responder se visitas a exposición.


Durante séculos os seres humanos vimos servíndonos sen miramentos dos recursos que o mar nos ofrece, tanto extraendo alimentos e materiais como aproveitándonos do seu "ilimitado" poder de asimilación de residuos (vertidos, mareas negras, productos químicos, etc.). Ao principio a degradación das augas foi lenta e silenciosa. Hoxe alcanzou unha magnitude alarmante. Nos últimos anos unha gran variedade de acordos a escala internacional veñen recoñecendo a necesidade de protexer os ecosistemas mariños.

Aula Barouta

venres, 10 de abril de 2015

FESTA DA PRIMAVERA EN BAROUTA

ÁRBORES E POESÍA
O pasado 27 de marzo fixemos a festa da primavera en Barouta. Houbo plantación e tamén poesías a esgalla. E para rematar cun sabor doce, tivemos as froitas de chuches. Que ricas e que bonitas! 
Aí van unhas imaxes que proban como foi. 
Que vos gusten!


mércores, 8 de abril de 2015

VAI DE GRAVACIÓN E DE TEATRO

CARTA  ABERTA A PATRICIA E XACOBE
(En marzo gravamos "25 xa pasaron" e fomos ao teatro a ver "Alá no fondo hai sitio", de Chévere)


Aínda que xa pasou algún tempo desde que estivemos na vosa casa, non esquecemos ese día. Para a maioría, era a primeira vez que viamos un estudo de gravación e que puidemos probar como era. Que ben nos fixo sentir! Coma verdadeiros artistas!!!

Xa no remate de trimestre, Patricia, convidounos a ver "Aló no fondo hai sitio", unha obra de teatro na que participa.

Todo iso foi unha experiencia estupenda e queremos compartir convosco o noso sentir e agradecemento. 
  • Douvos as grazas por acollernos na vosa casa e preparar todo para nós. Felicidades! Foi un pracer e unha experiencia moi interesante. (Rubén)
  • Grazas pola merenda e pola acollida. (Teo e Dani)
  • Grazas polo convite a gravar; encantoume! Era a 1ª vez! Sentinme en familia. E grazas pola larpeirada pero tamén polo teatro. (Ana)
  • Paseino moi ben gravando; grazas! (Alina)
  • A vosa amabilidade! (Andrea)
  • A experiencia de gravar foi xenial. Grazas polo teatro. (Alex)
  • Experiencias incribles: gravar, ir ao teatro... Grazas! (Nasti)
  • Grazas por preocuparvos por nós e ofrecernos a vosa casa. (Carla R)
  • Ola aos dous: grazas por convidarnos á vosa casa, polos pinchos e por podermos asisitir ao teatro. (Carla C)

 Aí vai o vídeo e algunhas fotos do día do teatro que queremos compartir. Agardamos que vos gusten tanto coma a nós.


O 26 de marzo fomos de excursión a Teo, ao teatro, ademais de celebrar o aniversario de Rubén cun biscoito riquísimo. Grazas!





Aula Barouta