ADIANTÁMONOS UN POUCO PERO EN BAROUTA XA CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO!!! Xa contaremos polo miúdo pero aquí vai unha mostra... Non todo vai ser chorar, tamén temos tempo para rir e gozar co que nos pasa día a día.
Xa vai aló mes e medio desde que comezamos o curso; sofrimos varios percances coa auga na nosa aula e aínda non temos noticia de cando se vai arranxar. Por iso hoxe pensamos en pór palabras e imaxes á nosa situación.
E... como di a xornalista Ana Pastor: << estes son os feitos, súas as conclusións>>