Páxinas

Buscar neste blog

domingo, 31 de xaneiro de 2016

DIA DA PAZ

O VENRES 29 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ NO COLEXIO

O venres foi un día ben atarefado para nós. Por unha banda abrimos o noso bar, e unha vez máis tivemos moito éxito de vendas. Pero é que tamén celebrabamos o Día da Paz. Este ano construímos entre todos o libro das apertas. Foi unha historia ben bonita.
A nosa reflexión neste día, vai impregnada do malestar que nos produce saber de tantas mulleres e nenas vítimas da violencia de xénero así coma das persoas que viven na rúa por non teren cubertas as necesidades básicas. Cara a elas vai a nosa aperta de grupo, solidaria e de corazón.

O venres pasado, 22 de xaneiro, no bar.





Que vos parece? A que non mentía cando dicía que fora unha xornada ben completa?
E para a semana...
O ENTROIDO 

NON ESQUEZADES TRAER O LUNS ALGO ESPECIAL NA CABEZA PARA INICIAR A SEMANA.
Aula Barouta

sábado, 16 de xaneiro de 2016

COLLENDO DE NOVO O RITMO

UNHA SEMANA CHEA DE NOVAS
A verdade é que levamos poucos días no cole pero xa fixemos un montón de cousas. Será que xa estamos collendo o ritmo!!!
Aí vai unha mostra da nosa actividade.




 E agora, ademais de estudar e facer as tarefas, xa andamos a argallar o disfrace para o Entroido. Promete, promete!!!
Aula Barouta 

xoves, 14 de xaneiro de 2016

XA ESTAMOS DE VOLTA

UN NOVO TRIMESTRE CARGADO DE ACTIVIDADE

Como foi todo neste tempo? Que tal esas vacacións?
A nós veunos ben o descanso. E logo de pasar os primeiros días, na clase, xa estivemos falando do curto que é este trimestre e da cantidade de cousas que queremos facer. Iremos contando aos poucos. 

De momento, dicirvos que á volta das vacacións tiñamos unha sorpresa na nosa aula! 
                   A cesta de Nadal tocoulle a Nasti!!! Que sorte!
Quedamos contentos, a verdade.
Aí vai unha mostra do que levaba.


 E hoxe, ademais, queremos lembrar que mañá volvemos a abrir o noso "BARSEXTO". Non esquezades traer os vosos cartiños que nós teremos uns ricos bocatas e tamén biscoito!!!

                                             Mmmm!!!
Aula Barouta