Páxinas

Buscar neste blog

mércores, 24 de febreiro de 2016

domingo, 21 de febreiro de 2016

A PRIMAVERA PETA Á PORTA

XA FALTA POUQUIÑO PARA O RENACER DA PRIMAVERA

Aproveitando o escampe temporal, volvemos ao horto!
Este ano temos moitas frontes abertas pero non podemos esquecer unha actividade que tantas horas nos levou a estar fóra e admirar como ía cambiando o aspecto do patio. Ademais, deste horto xa temos probado algúns froitos. Agardamos que siga medrando a ilusión no resto dos grupos do colexio.



 Aula Barouta

martes, 16 de febreiro de 2016

O QUE FALTABA

AÍNDA QUEDABAN UNHAS POUCAS IMAXES MÁIS ANTES DE DESPEDIR O ENTROIDO

Ao remate vai o vídeo que ilustra o ben que o pasamos.



Supoño que a estas alturas xa sabedes que a nosa actuación tiña 4 partes diferentes; cada unha cun tipo de música que nos identifica e une por diversas razóns. Queen, pola súa forza; Ana Torroja, coa súa "Sonrisa" e que tanto cantamos o curso pasado; logo van dúas pezas de autoría propia; unha a ritmo de rap, que compuxeron Anxo e Andrea e, a derradeira, trátase dunha composición de Gaila e familia coa música de Alaska. Este ano puidemos facer a gravación antes da festa e así non tivemos problemas para que se oíse no pavillón do colexio. Imos aprendendo! Grazas, Xacobe pola túa paciencia e dedicación á hora de gravación.
Aí vai en vídeo! Que vos guste! Nós pasámolo moi ben ensaiando e creando.




Pero a historia ten unha sorpresa final!!! Menudo ambiente!!!



Aula Barouta

luns, 8 de febreiro de 2016

SEMANA TREPIDANTE

SEMANA DE ENTROIDO E MOITAS ACTIVIDADES MÁIS

Á fin rematou a semana! E foi todo moi ben!!!
Viñamos de celebrar o día da Paz e xa nos metemos co Entroido. Para nós ademais, como estamos en sexto, é unha data especial xa que é o último que imos celebrar en Barouta.
Pero non só nos dedicamos a preparar esta festa, non. Xa veredes nas fotos, a cantidade de actividade. E non conto máis porque xa sabedes: unha imaxe vale máis que mil palabras!











Aula Barouta