Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 30 de xuño de 2016

A ACTIVIDADE MÁIS ESPERADA

TODO O ANO TRABALLANDO... PERO PAGOU A PENA!

 
Fábrica da luz de 2TERE


E XA TEMOS QUE FALAR DA DESPEDIDA DE VERDADE. TODO UN PROCESO!
LEVAMOS A FORTALEZA DO GRUPO, DO VIVIDO; DEIXAMOS AMIZADES, LEMBRANZAS. FOI UNHA SORTE PODER VIVIR XUNTXS ESTA ETAPA.






mércores, 29 de xuño de 2016

ÚLTIMAS PUBLICACIÓNS

LEMBRADES CANDO VEU ÉRICA ESMORIS AO NOSO COLE???
Cantas cousas nos contou e canto aprendemos sobre a tarefa de escribir! Foi ben interesante.
Nós leramos a súa derradeira novela: "Nena e o mar". Gustounos moito e traballamos arreo pois ten cantidade de vocabulario relacionado co mundo do mar e que descoñeciamos.



E que dicir da nosa visita ao IES de Bertamiráns. Sentímonos un pouco maiores, a verdade, e fomos perdendo o medo ao insti.
Tivemos moita sorte cos nosos padriños, que nos amosaron case todos os recunchos. Recibiunos a directora, Marisol, e tamén Ana. Grazas a todos.


O Encontro na Peregrina co alumnado de Agro do Muíño foi moi emocionante. Escoitar a Maximino Viaño e a todos os poñentes... un privilexio. 

 A excursión ao Parque eólico experimental de Sotavento, en Xermade. Canto aprendemos e que ben  pasamos.

A nosa pegada no muro e a despedida cos cans.


 Aula Barouta

domingo, 26 de xuño de 2016

ÚLTIMAS PUBLICACIÓNS

O CURSO REMATOU PERO AÍNDA NOS QUEDABAN UNHAS CANTAS PUBLICACIÓNS PENDENTES. AO LONGO DESTA SEMANA IRÁN APARECENDO E, LOGO, COLOCAREMOS O PANTALLAZO DE PECHE.
O primeiro vai ser o documento que titulamos <<Viaxe a outra época>>. Referímonos á excursión que fixemos á comarca de Bergantiños.


 
Fotos Buño-Dombate de 2TERE


E agora, un recordo para o nos Barsexto.


 
Aula Barouta 

xoves, 16 de xuño de 2016

ENCONTRO NO PAZO DA PEREGRINA

AGRO DO MUÍÑO E BAROUTA, DOUS CENTROS TRABALLANDO NUN PROXECTO MEDIOAMBIENTAL EN RIAMONTE

Este proxecto foi subvencionado por Voz Natura e contamos coa axuda do Concello. Unha experiencia estupenda e que onte rematamos cunha convivencia no Pazo da Peregrina. 

martes, 14 de xuño de 2016

IMOS REMATANDO

QUE FIN DE ETAPA TAN ATAREFADA!
A semana pasada, en Parada de Sil; hoxe, visitando o IES; mañá, "Encontro con Agro do Muíño no Pazo da Peregrina"; o mércores, visita ao parque eólico "Sotavento" en Xermade... e o resto da semana... iremos vendo.

Isto só é para ir abrindo boca. Temos moito que contar pero precisamos un tempo para organizalo.
Ata outra!
Aula Barouta

luns, 6 de xuño de 2016

GRAN GALA FIN DE ETAPA III

E XA, PARA REMATAR, VAN OS AGRADECEMENTOS PERSOAIS

Foi moita a emoción vivida! Tanta, que aínda a seguimos a sentir despois deste tempo pasado. Con todo, dámos por rematado este punto, pois estamos metidos de cheo noutra actividade (pero disto falaremos mañá...)

 




 Moitas grazas ao grupo de Rois por nos acompañardes nesta nosa festa. Recoñecemos a vosa experiencia e o voso bofacer. Compartir con nós un domingo do voso tempo é o que vos agradecemos. Unha vez máis: 
                                                       GRAZAS!







Estes recoñecementos tamén os levamos connosco.
Aula Barouta

xoves, 2 de xuño de 2016