A EURODEPUTADA ANA MIRANDA COMPARTINDO CON NÓS A SÚA EXPERIENCIA CON PERSOAS REFUXIADAS
mércores, 31 de maio de 2017
domingo, 28 de maio de 2017
ESPALLANDO POEMAS POLA CONTORNA
UNHA PROPOSTA DA EQUIPA DE NORMALIZACIÓN DO CONCELLO DE AMES NA QUE PARTICIPAMOS COMO CENTRO
Cada aula escolleu un poema para escribilo nunha prenda.
Nós escollemos este de Antonio G. Teijeiro que nos gustou moito.
Logo, o pasado martes, foron tendelos ao "monte escolar", á beira do camiño de Fisterra.
Aquí chegaban os primeiros visitantes... |
Aula Barouta
luns, 22 de maio de 2017
DE EXCURSIÓN A PONTEVEDRA
VISITA A LOURIZÁN E MÁIS O PARQUE DE COTORREDONDO E LAGOA CASTIÑEIRAS
Hoxe estamos fóra todo o día. Imos de excursión co Concello de Ames. Acompáñanos Patricia nesta saída. Temos moitas ganas, pois estivemos vendo imaxes e estamos certos de que nos vai encantar. Se queredes saber algo destes lugares, aquí tendes uns enlaces.
Nós habemos sacar fotos e xa vos contaremos a nosa experiencia.
Feliz xornada!
Aula Barouta
domingo, 21 de maio de 2017
NOVAS DO HORTO
RECOLLENDO OS PRIMEIROS FROITOS: CHÍCHAROS MARABILLOSOS
A semana pasada, recollemos os primeiros chícharos e nesta conseguimos outros poucos. Así puidemos probalos. Desta vez, tocoulles á rapazada de primeiro. Creo que estaban moi bos pois non quedou nada, só o cheiro polo corredor.
Haberá máis, non vos preocupedes!
Eugeny e Bruno axudaron a trasplantar a glicinia. Oxalá lle guste o novo emprazamento! |
Aula Barouta
venres, 19 de maio de 2017
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS
COÑECENDO A CARLOS CASARES
Estes días estivemos lendo e aprendendo sobre Carlos Casares. Sabemos un pouco máis da súa vida e coñecemos algunha das súas historias.
Hoxe, 18 de maio, no colexio tivemos unha sorpresa: un grupo de profes representaron "A galiña azul". Un bonito xeito de celebrar a festa da lingua.
Grazas, Casares por ese texto tan sinxelo e tan marabilloso.
Lourenza coa súa galiña azul. Detrás, Manolita Listona, a alcaldesa. |
Declaracións da alcaldesa no telexornal. |
Ao remate, solucionouse o conflito??? |
MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA!
Aula Barouta
mércores, 10 de maio de 2017
NOVAS DO NOSO HORTO
PEMENTOS DE PADRÓN PERO CON DENOMINACIÓN ESPECIAL!
A semana pasada tivemos un agasallo para o noso horto: dúas plantas de "pemento celta" ecolóxico. O papá de Miguel foi o que nolas enviou. Xa sabe dos nosos gustos!!!
Pero tamén nos visitou Elvira, a mamá de Antía, e tróuxonos phisalis. Que ricos! Pronto medrarán os nosos tamén.
Que gusto dá recoller os primeiros froitos. |
Aula Barouta
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)